12 / 09 / 2014

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2014/2015 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

Dende o venres 12 de setembro ata o venres 3 de outubro, encóntrase aberto o prazo de matrícula para o novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.

14 / 08 / 2014

A AF COLEXIATA DO SAR ACTUARÁ
NAS FESTAS PATRONAIS DE SAR

A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar actuará durante as tres xornadas das Festas Patronais do barrio de Sar (Santiago de Compostela), que arrancarán o próximo venres 15 de agosto.

17 / 07 / 2014

A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NA EDICIÓN 2014
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

O sábado 19 de xullo, a partir das 21:00 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará na edición 2014 das Xornadas de Folclore Galego, unha exhibición de música e baile tradicional galego que se celebra en Santiago de Compostela dende hai máis de 30 anos.