12 / 05 / 2015

O FOLK VOLVE ÁS PRAZAS
NAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2015
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Folk nas Prazas nas Festas da Ascensión 2015

O vindeiro xoves 14 de maio, dentro do programa das Festas da Ascensión de Santiago de Compostela, celebrarase unha nova edición de «Folclore nas Prazas», na que participarán as agrupacións Colexiata do Sar, Ultreia, Brincadeira e Cantigas e Agarimos.

06 / 05 / 2015

35 ANIVERSARIO DA AF COLEXIATA:
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

A primavera O Ensanche altera

O vindeiro fin de semana, sábado 16 e domingo 17 de maio, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar realizará unhas xornadas de portas abertas para amosar o seu traballo a todo o público asistente.

22 / 04 / 2015

ACTUACIÓN DOS ALUMNOS DA NOSA
ESCOLA DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL
NO AUDITORIO DE GALICIA

Festival de Folclore, Auditorio de Galicia

O próximo sábado 25 de abril, ás 17:30 horas, os alumnos da Escola de Danza e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar actuarán no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).