29 / 07 / 2026
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O NOVO CURSO NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

Ata o vindeiro 30 de setembro podedes matricularvos nas actividades do novo curso da nosa Escola de Baile e Música Tradicional. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.
23 / 07 / 2026
A AF COLEXIATA DO SAR
PARTICIPARÁ NA EDICIÓN 2026
DAS XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

O sábado 25 de xullo, a partir das 21:00 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará na edición 2026 das Xornadas de Folclore Galego, unha exhibición de música e baile tradicional que se celebra en Santiago de Compostela dende hai máis de 30 anos.
11 / 05 / 2026
ACTUACIÓNS DA AF COLEXIATA DO SAR
NAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2026
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os vindeiros 14 e 16 de maio, con motivo da celebración das Festas da Ascensión 2026 en Santiago de Compostela, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar e a súa Escola de Danza e Música Tradicional actuarán en distintas prazas do centro histórico da cidade.





