OS NOSOS GRUPOS
MÚSICA E DANZA
TRADICIONAL GALEGA
Grupo de
danza tradicional
Dirixido por María del Pilar Sexto Alende, componse de 30 persoas encargadas de interpretar as diferentes danzas recuperadas.
Horarios de ensaio:
Martes e xoves
De 20:45 a 22:00 horas
Grupo de
música tradicional
Dirixidos por Alfonso Rodriguez Landeira, componse de 20 persoas que acompañan nas súas actuacións ao grupo de danza, ademais de actuar de xeito individual.
Tocan os diferentes ritmos que forman parte do noso folclore tradicional: muiñeiras, foliadas, xotas e outras, interpretadas por gaitas, acordeón, requinta e percusión (tambor e bombo).
Horarios de ensaio:
Mércores e xoves
De 20:30 a 22:00 horas
Grupo de
pandereteiras
Composto por 5 persoas que cantan e tocan a pandeireta, e que adoitan acompañar ao grupo de danza nas súas actuacións.