14 / 10 / 2015

A AF COLEXIATA DO SAR PARTICIPARÁ
NA VI FOLIADA BENÉFICA DE
VILAGARCÍA DE AROUSA

AF Colexiata do Sar: VI Foliada de Vilagarcía de Arousa

O vindeiro domingo 18 de outubro, o Coro Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará na VI Foliada de Vilagarcía de Arousa, un evento benéfico que destinará todos os fondos recadados a «Arousa Solidaria», unha asociación de axuda cidadá.

02 / 10 / 2015

A AF COLEXIATA DO SAR ACTUARÁ
NA EDICIÓN 2015 DO PLAZARIK PRAZA
DE BASURTU (BILBAO)

AF Colexiata do Sar: Plazarik Plaza 2015 (Basurtu, Bilbao)

O vindeiro sábado 3 de outubro, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar viaxará a Bilbao para participar como grupo convidado no Plazarik Plaza, un programa para o impulso do folclore popular desenvolvido anualmente no barrio de Basurtu.

04 / 09 / 2015

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA
PARA O CURSO 2015/2016 NA NOSA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

AF Colexiata do Sar: Escola de Baile e Música Tradicional

Dende o luns 7 ata o mércores 30 de setembro, encóntrase aberto o prazo de matrícula para o novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A solicitude de matrícula debe realizarse directamente a través da nosa páxina web, cumprimentando un sinxelo formulario.