29 / 04 / 2014

A ESCOLA DA AF COLEXIATA DO SAR,
NA FEIRA DA PRIMAVERA
DO BARRIO DE SAN PEDRO

O sábado 3 de maio, a partir das 19:00 horas, a Escola de Danza e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar participará no «Serán Familiar» que se celebrará na Praza do 8 de marzo (Santiago de Compostela), con motivo da Feira da Primavera do barrio de San Pedro.

Serán Familiar, Feira da Primavera, Barrio de San Pedro

A Feira da Primavera, organizada polo barrio de San Pedro, é unha mestura de mercado, festa e xornada de convivencia veciñal dedicada a celebrar a chegada da primavera e o bo tempo. Ademais da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, no «Serán Familiar» participarán as agrupacións Brincadeira, Cantigas e Agarimos e Ultreia OCT. Pasarémolo ben, así que traede a todos os rapaces!