21 / 04 / 2014

A AF COLEXIATA DO SAR ACTUARÁ
NO FESTIVAL GALAICO-PORTUGUÉS
«NA RAIA»

O venres 25 de abril, ás 21:00 horas, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar actuará no Festival Galaico-Portugués «Na Raia», que se celebrará no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo (Vigo, Pontevedra).

Festival Galaico-Portugués «Na Raia»

Neste Festival Galaico-Portugués «Na Raia» reúnense Viana do Castelo, Vigo e Santiago de Compostela, tres cidades que, dentro do eixe atlántico, conforman un bastión triangular físico, político e socioeconómico. A Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, procedente dun importante e antigo barrio de Santiago de Compostela, compartirá escenario co Grupo Etnográfico da Areosa de Viana do Castelo, un dos máis antigos de Viana, e tamén pertencente a un barrio moi significativo da súa cidade.

Contamos coa vosa presenza!

Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
21:00 horas
Avenida de Beiramar, 59
Vigo
Pontevedra