20 / 12 / 2019

ACTUACIÓNS DA AF COLEXIATA DO SAR
NO CICLO «AS RAÍCES NA PEDRA»

As agrupacións de baile e música tradicional Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia participarán, un ano máis, no ciclo «As Raíces na Pedra», que desde o ano 2017 serve para difundir a nosa cultura tradicional, de forma lúdica e participativa, aos veciños de Santiago de Compostela. A continuación informámosvos das actuacións da Agrupación Folclórica e o Orfeón Tradicional Colexiata do Sar:

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar: As Raíces na Pedra

—«Cantadas de Nadal»: APRAZADA POR CAUSAS METEOROLÓXICAS. Proximamente informaremos da nova data.
Rúas e prazas de Santiago de Compostela
De 18:00 a 19:30 horas

A agrupación Cantigas e Agarimos e o Orfeón Tradicional Colexiata do Sar percorreremos as rúas da Cidade Histórica compostelá, interpretando «cantos de Nadal». Cada agrupación realizará un traxecto distinto: 1) Museo do Pobo Galego - Praza de San Roque - San Martiño Pinario - Praza de Fonseca - Praza do Toural - Praza de Galicia – Alameda; 2) Porta do Camiño - Praza de Cervantes - Praza de Santo Agostiño - Praza da Universidade - Praza das Praterías - Travesa do Franco - Alameda.

—Sábado 28 de decembro: «Concerto de Nadal»
Carreira do Conde (Santiago de Compostela)
De 20:00 a 22:00 horas

Actuación conxunta das agrupacións Cantigas e Agarimos e Colexiata do Sar, interpretando parte do seu repertorio tradicional na carpa instalada no Mercado da Carreira do Conde.

Podedes consultar o programa completo das Festas de Nadal 2019 do Concello de Santiago de Compostela neste enlace. Contamos convosco!