09 / 10 / 2013

ASAMBLEA XERAL
DA FEDERACIÓN GALEGA
DE GRUPOS DE DANZA

O pasado mes de xullo celebrouse en Vigo a última Asamblea Xeral da Federación Galega de Grupos de Danza, na que se decidiu trasladar a súa sede a Vigo. Ademais, incrementouse o número de asociados a 31 grupos, e tomou posesión a nova directiva para os vindeiros catro anos.

07 / 10 / 2013

ARRANCA O CURSO 2013/2014 NA
ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL
DA AF COLEXIATA DO SAR

O pasado sábado, 5 de outubro, arrancamos un novo curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar.

02 / 10 / 2013

DON JOSÉ PORTO BUCETA: 40 ANOS
AO SERVIZO DO BARRIO DE SAR

Don José Porto Buceta

O barrio de Sar non sería o que é sen a figura do seu párroco, Don José Porto Buceta. Corenta anos cumpríronse xa dende que chegou á Colexiata e, en recoñecemento á súa entrega de catro décadas, os catequistas da parroquia o homenaxearon, recordando as numerosas actividades e iniciativas que promoveu e protagonizou en beneficio de todo o barrio.